CRTVG

Buscar

A costa prepárase para a afluencia de visitantes nunha fin de semana de sol e calor

Publicado o 22/03/2019 14:40

A primeira fin de semana da primavera chega con temperaturas altas e tempo solleiro, polo que nos plans de moitos galegos está gozar do tempo de lecer con plans ao aire libre.

Esta vai ser a tónica durante toda a fin de semana: sol e calor. Pero notarano sobre todo en Ourense onde poden chegar aos 27 graos o domingo, e nas Rías Baixas onde se prevén 24. Con esta previsión, nas localidades costeiras sobre todo prepáranse para outra fin de semana de cheo, especialmente bares, restaurantes e hoteis. En xeral din que o o bo tempo está a favorecer os bos resultados neste mes de marzo, que outros anos é máis frouxo.

Ás 10 e media da mañá os termómetros xa marcaban 19 graos en Sanxenxo. Unha temperatura que permite ir lixeiro de roupa, pasear pola praia e mesmo atreverse cun baño. E esta vair ser a tónica xeral desta primeira fin de semana da Primavera.

Con esta previsión, na axenda de lecer para os próximos dias os plans son ao aire libre.

En localidades costeiras como Sanxenxo teñen todo a punto para recibir centos de visitantes xa desde esta tarde. Prevén un cheo total. O sector hostaleiro aplaude este bó tempo porque os resultados do mes de marzo están sendo óptimos.

Gocen da fin de semana de calor, pero non esquezan a chaqueta que pola noite refresca.



 

Noticias web

22/03/2019