CRTVG

Buscar

As vilas costeiras aumentan os controis para que se cumpra a normativa

Publicado o 19/03/2021 14:22

Hai vilas na costa galega que tradicionalmente reciben moitos visitantes en pontes coma esta do San Xosé, e máis se fai bo tempo como é o caso. Nelas están mirando con lupa que accede aos seus núcleos principais de poboación para que se cumpran as restriccións  por mor da covid-19.

Os concellos turísticos apelan a responsabilidade de veciños e visitantes para superar con éxito esta primeira proba, nesta ponte de San Xosé antes da Semana Santa. Hai bo tempo e bos datos de epidemioloxía. Queren chegar así ata o verán e asi cuperar a súa actividade económica. 

En Sanxenxo están preparados para recibir a todos os visitantes que se acheguen cumprindo as normas. Aquí hai once mil segundas vivendas polo que esperan unha afluencia grande de persoas. A Garda Civil tamén vixiará as estrada de acceso ao concello cun sistema de lectura de matrículas que detecta a orixe do coche.

"Facemos os controis como Policía Local e tamén en coordinación coa Garda Civil na entrada da vía rápida de Sanxenxo e tamén na estrada nacional que ven de Pontevedra de xeito aleatorio", di Manuel Parga, oficial da Policía Local de Sanxenxo.

A Policía Local esta controlando en diferentes zonas urbanas a horas aleatorias, tanto os vehículos, como os locais de ocio para que se cumpra a normativa en paseos e terrazas. "Como o peche perimetral non é tan importante, seguimos facen os controis rutinarios, pero imos controlar máis as zonas de paso e de ocio, para que se cumpran as distancias e ocupación. O máis importante vai ser que se respete o número de persoas nos grupos, porque os que non usan a máscara xa é un caso residual".

A hostalaría pode abrir ata as nove da noite co 50 por cento de aforo non interior e o 75 por cento na terraza. Manterase en toque de queda entre as once da noite e as seis da mañá agás por causa xustificada como poden ser motivos, sanitarios, laborais ou coidado de persoas dependentes. Unha curiosidade a infracción que máis están detectando son o vehículos que teñen sen pasar a ITV.

Noticias web

19/03/2021