CRTVG

Buscar

As viaxes e reencontros familiares, pendentes da evolución da pandemia

Publicado o 16/12/2020 16:07

O Goberno lanzou un aviso de que as viaxes e os reencontros familiares están no aire, en función de como evolucione a pandemia. Estamos nun deses puntos que tradicionalmente se enche cos familiares que volven á casa cada Nadal.

Neste momento non hai trens e non se coñece se nos próximos días haberá moita circulación porque esas dez persoas máximas por xuntanza, que se permitiran nun primeiro momento, poderían non ser viables finalmente. O Goberno recoñece que vai propor ás comunidades autónomas que adopten medidas máis estritas de cara ao Nadal se se mantén a repunta da pandemia detectada nos últimos días.

O obxectivo é evitar unha terceira onda despois das festas, e é que despois da semana pasada, a situación epidemiolóxica empeora en boa parte do territorio español e por iso esta tarde o consello interterritorial de saúde podería establecer novos límites máis estritos que afectarían os eventos, a mobilidade e o número de persoas máximo permitido nas celebracións.

Noticias web

16/12/2020