CRTVG

Buscar

As viaxes de traballo apenas representan a metade da ocupación dos hoteis abertos

Publicado o 01/02/2021 20:34

Xaneiro nunca é un mes forte nos hoteis, pero este de 2021 é dos peores que se recordan. Os únicos que se hospedan son os clientes habituais que viaxan por traballo.

Coas zonas comúns, comedores e restaurantes pechados, os hoteis teñen que dar todos os servizos de xeito individualizado.

Os poucos hoteis que quedan abertos, un 10% en todo o Estado, están a menos da metade da súa ocupación. E iso é nos días laborables, porque nas fins de semana quedan baleiros.

Noticias web

01/02/2021