CRTVG

Buscar

As vantaxes de vivir nunha aldea de trece habitantes no macizo central

Publicado o 14/05/2021 17:16

Na aldea de Espasa, no concello ourensán de Chandrexa de Queixa, case toda a veciñanza está vacinada. Dos seus trece habitantes da aldea, agora só falta Lola por recibir a segunda dose. O seu fillo que ten 46 anos e Jesús con 57 tamén están pendentes.

Aseguran que o que máis botan de menos é xuntarse coa familia que vive noutros lares. Mentres agardan polo reencontro, continúan coa súa vida ao aire libre e sen máscara. 

No municipio de Chandreza de Queixa, máis da metade da poboación (500 habitantes) supera os 65 anos e case o 70 % xa ten o proceso da vacinación completado. Viven moi dispersos, polo que a pandemia case non tivo incendencia no seu día a día. 

Noticias web

14/05/2021