CRTVG

Buscar

As vacinas, rumbo ás comunidades autónomas

Publicado o 26/12/2020 21:24

Rumbo ás Canarias en avións do exército dentro da coñecida como Misión Baluarte. Así chegaron as vacinas ao aeroporto de Tenerife Norte. Desde alí, ao resto das illas en helicóptero. Polo aire tamén chegaron ás cidades autónomas de Ceuta e Melilla e ás Baleares, onde xa se preparan para iniciar o proceso de vacinación nesta residencia de Oms-Sant Miquel.

"A porcentaxe de poboación que agardamos que estea vacinada a principios do verán é dun 65 ou 70 por cento aproximadamente, que xa nos conferiría inmunidade de grupo", di Juli Fuster, director xeral de IbSalut.

Vía terrestre, os transportes partirán de madrugada desde Guadalaxara cara aos 50 puntos de vacinación repartidos por España. En Valencia, por exemplo, unha das primeiras residencias en recibilas será esta de RafelBunyol.

"Nós comezaremos as nove da mañá a repartir as vacinas e o primeiro serán os residentes", explica Fran López, alcalde de Rafelbunyol.

Residentes como os deste centro en Madrid con máis dun cento de usuarios dispostos a vacinarse.

E a idea é que a pandemia marche canto antes.

Noticias web

26/12/2020