CRTVG

Buscar

As mortes e os ingresos en UCI redúcense nun 100 % entre as persoas vacinadas

Publicado o 11/05/2021 12:24

• Galicia roza o millón de persoas vacinadas, case 460.000 teñen a pauta completa   

• A xeración do 'baby boom' comeza a vacinarse: o Sergas cita os galegos de 50 a 59 anos

 

O estudo sobre a efectividade das vacinas realizado en Galicia sinala que a inmunización permitiu unha redución do cen por cento dos falecementos e os ingresos en UCI entre o colectivo vacinado. O estudo, en colaboración co IDIS -Instituto de Desenvolvemento e Integración Sanitaria-, fíxose sobre 240.000 persoas ás que se lles administrou o soro na primeira fase deste proceso.   

A información foi achegada polo conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, na súa comparecencia no pleno do Parlamento de Galicia, en que tamén indicou que as conclusións finais revelan que as infeccións se reduciron nun 88,4 por cento nas persoas que recibiron a vacina, un descenso do 94 por cento nas hospitalizacións das persoas cunha dose e unha baixada do 95,7 por cento naquelas coa pauta completa. 

Ademais, en días pasados, o propio Comesaña informou de que este mesmo estudo demostraba unha diminución da positividade de coronavirus do 47 por cento cunha soa dose, mentres que ascende ao 88 por cento cando foron administradas as dúas.   

Case un millón de persoas vacinadas

Galicia roza o millón de persoas vacinadas fronte á covid-19 polo menos cunha dose, das que case 460.000 contan coa pauta completa, despois de ser administradas máis do 90 por cento das recibidas. 

Segundo os datos actualizados na mañá deste martes no 'Cronómetro de vacinación' pola Consellería de Sanidade cos rexistros da xornada de vacinación deste pasado luns, 459.904 persoas contan coa pauta de vacinación completa, que supoñen o 19,46 por cento da poboación que hai que vacinar, 3.896 cidadáns máis inmunizados con respecto ao día anterior.   

Noticias web

11/05/2021