CRTVG

Buscar

As vacinas reducen os ingresos por covid e mudan o perfil dos pacientes

Publicado o 14/05/2021 15:08

Foron a denominada zona cero da pandemia, pero 14 meses despois, nos hospitais galegos respírase un comedido alivio grazas á campaña de vacinación.

A vacinación das persoas máis vulnerables é a que mudou a sobrecarga e o perfil de pacientes que ingresan, asegura Álvaro Mena, médico internista do CHUAC.

Hoxe son menos pacientes ingresados, tanto en UCI como en planta, pero tamén son pacientes máis novos. Os médicos fan fincapé en que non hai risco cero, por iso apelan a non relaxar as medidas sanitarias e falan de sentido común por enriba de calquera norma.

Nese control da carga viral podería agocharse tamén a chave para evitar novas variantes do virus. Os sanitarios apoian un levantamento das restricións de maneira ordenada e dunha desescalada no uso da máscara en espazos ao aire libre segundo se manteña un bo ritmo na vacinación poboacional.

Noticias web

14/05/2021