CRTVG

Buscar

As vacinas contra a covid non impiden a doazón de sangue

Publicado o 19/08/2021 16:16

As autoridades sanitarias envían unha mensaxe moi clara: vacinarse contra a covid é compatible coa doazón de sangue. Responden así ás falsas informacións que circulan pola Rede.

Son as comunidades autónomas as que ditan os prazos para evitar os posibles efectos adversos da vacina nas doazóns. En Galicia, tres días despois da vacinación xa se pode doar sangue.

O Ministerio de Saúde alerta dunha baixa nas reservas dos hospitais e desde a Axencia de Doazóns de Órganos e Sangue de Galicia indican que no verán a demanda é maior por factores como os accidentes de tráfico.

Grazas aos máis dun millón seiscentos mil doantes realízanse ao ano transfusións a case medio millón de pacientes en España.  

 

Noticias web

19/08/2021