As vacas e as mascotas, as máis afectadas polo cambio de hora
Publicado o 25/10/2019 15:40
A que hora cantará o galo este domingo? Atrasará o reloxo do galiñeiro? A resposta é non. O galo cantará cando a luz lle diga que é de día. Algo peor pásano as vacas, que alteran a produción de leite cos cambios na rutina da granxa e dos gandeiros.
Tamén as mascotas da casa, sobre todo os cachorros, desoriéntanse ao ver alteradas as súas horas de comida ou paseo. Por iso, o ideal é facer o cambio gradualmente.
Custaralles entender o cambio. Pero o normal é que o logren en cuestión de días. Nada moi diferente do que nos pasa a nós, os humanos, sempre que toca atrasar o reloxo.