CRTVG

Buscar

As vacacións inicíanse con moitos condutores mirando o incremento dos prezos dos combustibles

Publicado o 30/07/2021 15:44

A operación saída arranca cunha suba dos carburantes. Encher hoxe o depósito do coche sae de media un 21 por cento máis caro ca o ano pasado a estas alturas, se falamos de gasolina, e 19 por cento máis caro no caso do gasóleo.

Aínda se pode ver mellor facendo a tradución a euros: por exemplo, un depósito de 55 litros, son trece euros máis se o enchemos de gasolina 95: 74 euros en total. E se se enche o depósito de gasóleo normal, pode saír por 69 euros, que son once euros máis ca en agosto de 2020, isto é, cando xa se levantaran moitas das restricións á mobilidade da pandemia.

E iso que na última semana baixaron un pouco, pero algo case inapreciable. O certo é que os carburantes levan meses sen parar de subir, e xa acadaran niveis precovid xusto na operación saída de Semana Santa. A suba continua no barril de Brent é un factor que explica a alza, pero non o único. A demanda tamen é importante na operación saída de agosto.

Noticias web

30/07/2021