CRTVG

Buscar

As uvas son a estrela da despedida do ano vello

Publicado o 31/12/2019 14:52

Con pebidas ou sen pebidas. A granel ou en copa. Esta noite, o produto estrela que non vai faltar en ningún fogar son as uvas da sorte.

Unha por cada badalada, para cumprir cunha tradición que se remonta a principios do século pasado, coincidindo cun excedente de produto. E desde entón, a variedade aledo preside as nosas mesas coa intención de traer sorte e prosperidade a un ano novo. Por iso, esta mañá as froiterías non paraban de despachar uvas para que non falten hoxe en ningún fogar.

Este ano, a calidade da uva é excelente. E o prezo moi competitivo. De media, a dous euros e medio o quilo.

Tradición e tamén costume. Á medianoite, na maioría dos fogares o produto estrela vai ser o mesmo. Se aínda non o teñen, apuren, que están a tempo, e aínda quedan uvas ricas, saborosas e cargadas de sorte para recibir a 2020.

Noticias web

31/12/2019