CRTVG

Buscar

As urxencias por ictus baixaron ata un cincuenta por cento durante o confinamento

Publicado o 07/08/2020 15:15

As urxencias por casos de ictus baixaron ata un cincuenta por cento durante o confinamento. Os neurólogos alertan dos riscos de non acudir a urxencias cando se presentan síntomas.

Secuelas que se puideron evitar en moitos pacientes se recibiran unha atención inmediata. Os médicos atenden agóra aos doentes que non acudiron á urxencias tras sofrir un ictus.

Os casos de ictus nas urxencias caeron ata un cincuenta por cento durante o confinamento, unha tendencia que tamén se deu nos países da nosa contorna e que responde ao medo a acudir aos hopitais por un posible contaxio de coronavirus.

A situación nesta unidade xa comezou a normalizarse no Álvaro Cunqueiro, aquí aténdense unha media de 800 ictus cada ano.

Noticias web

07/08/2020