CRTVG

Buscar

As universidades galegas redactarán a candidatura das Cíes como Patrimonio da Unesco

Publicado o 23/05/2019 18:29

Tal e como indican as normas da Unesco, pasado un ano dende que a candidatura está na lista que chaman indicativa, agora o seguinte paso é redactar un formulario que avaliarán expertos nacionais e internacionais. E para a súa elaboración a Xunta acaba de asinar un convenio por 80.000 euros coas tres universidades galegas.

No eido da Universidade, o Consello da Xunta tamén aprobou este xoves a convocatoria de 67 novas axudas para etabpa posdoutoral do persoal investigador e a segunda convocatoria do programa Talento Sénior, para reter ou atraer investigadores con máis de cinco anos de experiencia. Prevén dezasete contratacións.

Noticias web

23/05/2019