CRTVG

Buscar

As unidades poscovid do Sergas atenderon 5.000 consultas desde a súa creación

Publicado o 29/09/2021 21:36

Moitos enfermos teñen secuelas unha vez superada a infección polo coronavirus. As unidades poscovid postas en marcha polo Sergas en todas as áreas sanitarias atenderon xa preto de 5.000 consultas.

Están formadas por equipos multidisciplinares con pneumólogos, neurólogos, dermatólogos ou psiquiatras que fan un seguimento das persoas con secuelas ou con covid persistente.

O conselleiro de Sanidade, Julio Garcia Comesaña, asegura que estas unidades  permiten unha atención máis especializada aos doentes e que nelas se lles realizan todas as probas necesarias para comprobar a súa evolución.

 

Noticias web

29/09/2021