CRTVG

Buscar

Os hospitais galegos encadean unha semana sen falecidos con coronavirus

Publicado o 17/06/2020 21:08

• Hai 341 casos activos, dos que sete precisan de hospitalización

• Ascenden a máis de 10.500 as persoas recuperadas

Os hospitais galegos encadean unha semana sen falecidos con coronavirus

Galicia non rexistrou este mércores ningún novo falecemento con coronavirus. Deste xeito, encadea unha semana sen mortes por esta causa e o total mantense en 619.

Ademais, a última actualización do Servizo Galego de Saúde cuantifica en 341 os casos activos de coronavirus en Galicia, oito menos ca no día de onte, e rexistra xa 10.503 persoas curadas, 12 delas nas últimas 24 horas.

O número total de afectados nas residencias baixa da decena, con 5 usuarios e 4 profesionais enfermos.

Por áreas sanitarias, a distribución dos casos é a seguinte:

• Vigo: 141 (-1).

• A Coruña: 109 (=).

• Santiago: 30 (-3).

• Ourense: 25 (-1).

• Lugo: 17 (-2).

• Ferrol: 12 (=).

• Pontevedra: 7 (-1).

Do total de pacientes positivos, 7 están en unidades de hospitalización, ningún deles na UCI, e 334, no domicilio.

O número de PCR realizadas é de 161.195.