CRTVG

Buscar

As tres últimas enquisas para o 12-X tamén prognostican unha maioría absoluta do PP

Publicado o 06/07/2020 10:58
As tres últimas enquisas para o 12-X tamén prognostican unha maioría absoluta do PP

En Galicia, tanto a enquisa da Razón como a realizada por Sigma Dos para El Mundo prognostican unha nova maioría absoluta do PP, con entre 40 e 42 escanos. 

As dúas sondaxes restan posibilidades a unha alternativa de esquerdas de PSOE, Podemos e BNG e negan representación a Vox e Ciudadanos. Así mesmo, socialistas e nacionalistas subirían con respecto aos comicios de fai catro anos e conseguirían ata un máximo de 18 e 14 escanos, respectivamente. Pola súa banda, Galicia en Común, descendería da segunda posición á cuarta cunha baixada de ata 10 deputados.

O tracking de Sondaxe da Voz de Galicia atribúelle 40 escanos ao PP. O PSdeG obtería 15 escanos e o BNG outros 15. Galicia en Común, faríase con 5.

Estas tres últimas sondaxes, publicadas no derradeiro día permitido pola lei para publicar enquisas, coinciden coas que se difundiron o pasado domingo.