As treboadas provocan danos materiais en varios establecementos da Coruña
• O teito dun supermercado venceu con clientes dentro
• Practicamente toda Galicia está en aviso amarelo por treboadas
As treboadas deste luns provocaron varios incidentes en distintos establecementos da Coruña.
Nun establecemento hostaleiro, o toldo que cubría unha terraza rachou debido á forza das precipitacións. E nun supermercado do Burgo, o teito venceu e ocasionou numerosos danos materiais. No momento do incidente había clientes no interior.
pasaron este vídeo por aí pic.twitter.com/Bm08P54sdz
— Alberte (@AlberteLpz) September 13, 2021
Practicamente toda Galicia estaba en aviso amarelo por treboadas. A entrada dunha borrasca polo sur xerou numerosas tormentas, sobre todo no interior das provincias da Coruña e Pontevedra.
Aquí unha pequena mostra da tromba de auga que caeu onte á tarde en Perillo, no concello de Oleiros https://t.co/uN8FilnoVg pic.twitter.com/1mmst9LyEg
— G24 (@G24Noticias) September 14, 2021
E tamén na zona de fronteira entre Lugo e Ourense. Estas tormentas viñeron acompañadas por chuvia forte. Nalgúns lugares, a auga produciu asolagamentos e dificultades para circular por zonas baixas. En total, ata as 8 caeron en Galicia máis de 3.000 raios.
Este martes o aviso amarelo por precipitacións e por tormentas, que poden ser fortes e mesmo moi fortes, é dicir, que poden acumular entre 15 e 20 litros por metro cadrado nunha hora e ata 60 litros por metro cadrado en 12 horas, afectará as catro provincias galegas.