CRTVG

Buscar

As treboadas deixan algunhas incidencias na provincia de Ourense

Publicado o 12/08/2020 14:49

En Ourense apenas houbo tempo para poñerse a cuberto. Chegou a treboada con toda a forza contra as sete do serán e por momentos parecía que case era noite.

Moita chuvia na cidade e pedrazo en boa parte da provincia. Así foi por exemplo no Carballiño, Valdeorras, a Gudiña ou Barbadás entre outros moitos concellos.

Esta mañá afanábanse en limpar a desfeita que lles deixou a chuvia.

Hoxe en Ourense a temperatura descendeu case dez graos respecto a onte o que reduce a posibilidade de que se repitan treboadas como as das últimas horas.

Noticias web

12/08/2020