CRTVG

Buscar

As traballadoras do sector da limpeza piden melloras laborais e salariais

Publicado o 11/05/2021 15:27
As traballadoras do sector da limpeza piden melloras laborais e salariais

As traballadoras do sector da limpeza de edificios da provincia da Coruña secundan unha folga de 48 horas en protesta pola falta de avances na negociación do convenio colectivo. Durante esta mañá organizaron mobilizacións en Santiago, Ferrol e A Coruña para reclamar melloras laborais nun sector no que, segundo denuncian os sindicatos, abundan os contratos a tempo parcial e por baixo do salario mínimo. Piden un esforzo ás empresas que non viron minguada a súa actividade durante a pandemia.

Noticias web

11/05/2021