CRTVG

Buscar

As tormentas deixan o Concello de Lugo sen rede informática

Publicado o 15/09/2021 16:32
As tormentas deixan o Concello de Lugo sen rede informática

O concello de Lugo seguen sen rede informática por culpa das tormentas. O servizo caeu tras un trebón e aínda non lograron restablecelo. Isto está dificultando as xestións que os cidadáns e as empresas teñen que tramitar nas oficinas municipais.

Non é a primeira vez que cae a rede informática e, agora, volven as queixas pola falta de seguridade do sistema municipal que ao parecer non conta cun servidor de apoio.

Noticias web

15/09/2021