CRTVG

Buscar

As terrazas dos restaurantes son as preferidas para as ceas

Publicado o 19/04/2021 20:28

Ademais das novas medidas que obrigan á reserva e ao rexistro dos datos dos clientes, este establecemento reabriu o servizo de ceas xa co medidor de CO2 instalado no comedor.

A ausencia de chuvias e as boas temperaturas da pasada fin de semana nas Rías Baixas facilitaron que as preferencias dos usuarios se decantaran por ocupar as terrazas.

O número de comensais por mesa mantense en seis no exterior e catro no interior. A moratoria da obriga de dispoñer de dispositivos de control da calidade do aire remata este venres.

Noticias web

19/04/2021