As terapias personalizadas, precisas e humanas son futuro dos tratamentos contra o cancro
Preto dun millar de oncologos e radioterapiareutas analizan en santiago as terapias alternativas máis novas no tratamento contra o cancro. No encontro farán un recoñecemento público ás doazóns empresariais. En concreto, avalían a feita pola Fundación Amancio Ortega. Din que lle permitiu a España incorporar a mellor tecnoloxía na radioterapia.
Durante a inauguración, o conselleiro de Economía tamén se referiu á colaboración económica desta e doutras entidades. "E a verdade é que estamos moi contentos de que o plan sociotecnolóxico que a Xunta de Galicia inicou hai uns anos fora finalmente cofinanciado coa Fundación Amancio Ortega á que temos que agradecer moito, non só Galicia", afirmou o conselleiro.
Terapias personalizadas, precisas e humanas, ese é o camiño do tratamento oncolóxico que centra este encontro. Facelo, din, precisa dunha renovación tecnolóxica constante. E ante os recortes, o debate está en como financiala nos hospitais públicos. Os profesionais avogan polo alugueiro e apoian o mecenado.
A protonterapia centrou a primeira xornada. Neste tratamento novo de radioterapia, as partículas depositan toda a dose de radiación no tumor, cun control maior dos tecidos sans. "É unha extraordinaria alternativa para facer radioterapia en nenos, que son seres en crecemento, e que as radiacións lles poden afectar nese crecemento. Tamén en tumores en que a localización é especialmente perigosa. Porque están en sitios que arredor teñen tecidos vitais que non se poden alterar", explicaba Antonio Gómez Caamaño, presidente do comité científico organizador do Congreso.
Tamén falarán dos avances nos cancros infantís e da hipertermia, unha terapia nova contra o cancro, con calor localizada.