CRTVG

Buscar

As tendas de recordos da zona histórica de Santiago, ao bordo do peche en pleno Ano Xacobeo

Publicado o 11/01/2021 14:36

Percorrer hoxe as rúas da zona vella de Santiago nada ten que ver con hai un ano. Non hai turistas e o peche perimetral impide tamén a chegada de xente doutros lugares, algo que as tendas de recordos da zona histórica sofren a diario dende hai xa meses.

Sen visitantes, moitas delas optaron por pechar, ao non ser quen de facer fronte aos gastos e as que non o fixeron, intentan aguantar como poden. O que debería ser un ano de grandes ingresos con motivo do ano xacobeo está cheo de incerteza e temor para os comerciantes.

Agardan que dentro duns meses a situación mellore un chisco e depositan as esperanzas na ampliación do ano santo ata o 2022, pero coa presión de ser quen de sobrevivir ata ese momento.

Séntense desamparados e reclaman máis axudas para que os poucos que conseguiron non baixar a reixa poidan aguantar abertos ata que cheguen os turistas. 

Noticias web

11/01/2021