CRTVG

Buscar

As temperaturas soben hoxe de xeito considerable en toda Galicia

Publicado o 05/02/2019 13:23

Esta mañá os termómetros amencían en Galicia con valores máis altos ca os de días anteriores, unhas temperaturas suaves que, ademais, virán acompañadas dun cesamento de precipitacións na xornada de hoxe.

Mañá entrará unha borrasca que poderá traer precipitacións pouco abundantes e ceo cuberto, pero as temperaturas manteranse con valores agradables toda a semana e máximas rozando os 20 graos nalgúns puntos de Galicia. Estes valores eran ben recibidos esta mañá polos máis madrugadores.

De cara á fin de semana espérase a chegada dunha fronte máis activa que poderá deixar precipitacións abundantes e que fará que as temperaturas volvan descender.

Noticias web

05/02/2019