CRTVG

Buscar

As temperaturas rozan os 40º na conca do Miño

Publicado o 07/08/2020 21:27

O interior de Galicia segue a sufrir unha calor abafante. Aínda acaba de desactivarse o aviso amarelo por altas temperaturas en varias comarcas de Lugo e de Ourense.

Na zona do Miño de Ourense, na comarca de Valdeorras e tamén no sur de Lugo volveron alcanzarse hoxe temperaturas moi elevadas, ainda que non tanto coma onte. Por iso esta tarde o aviso foi amarelo e non laranxa. Así e todo aquí na cidade de Ourense acanzáronse os 37 graos, e superouse esa cifra en localidades coma Leiro, Castrelo de Miño ou a Arnoia.

Valores semellantes alcanzaron en varios puntos de Valdeorras, e rozaron os 36 en vilas do sur de Lugo coma Quiroga, Monforte ou Sober. Unhas temperatuas que convidaron a refrescarse nas praias fluvias e a refuxiarse na sombra.

 

 

Noticias web

07/08/2020