CRTVG

Buscar

As tarxetas Mastercard duplicaron cargos da fin de semana en Carrefour

Publicado o 29/04/2021 20:43
As tarxetas Mastercard duplicaron cargos da fin de semana en Carrefour

Coidado se fixeron algunha compra cunha tarxeta Mastercard entre os días 24 e 25 de abril. Debido a un erro infórmatico poderían aparecer os cargos por duplicado. Varios clientes xa detectaron estes cobros en hipermercados Carrefour, e denunciaron o dobre pagamento nas redes sociais.

A cadena de hipermercados e a entidade de crédito asumen os erros e aseguran que reembolsarán os cartos coa maior brevidade posible. Dende a OCU sinalan que nestes casos recoméndase facer unha reclamación ante a entidade bancaria, para a que temos un prazo de 13 meses.