CRTVG

Buscar

As sete grandes cidades galegas quedan en nivel medio de restricións

Publicado o 21/08/2021 19:05

• Galicia goza das terrazas ao 100 % de ocupación e o ocio nocturno abre ata as tres da mañá | O TSXG prorroga a limitación de reunión con non conviventes de madrugada

Pasan das dez da mañá e nesta avenida peonil de Vigo os hostaleiros preparánse para unha nova xornada de traballo. A diferenza de onte fano con novas medidas, que permiten maior ocupación en terraza, pero tamén en interiores.

Gañan espazo e máis clientes. Pero a moitos hostaleiros esta decisión colleunos por sorpresa e non tiveron tempo nin de mudar límites de ocupación nin tampouco carteis.

Porque dende este sábado as sete cidades galegas quedan no nivel medio de restricións. Decisión que xa foi publicada no DOG e que está motivada pola mellora da incidencia que segue diminuindo respecto hai unha semana. Deste xeito, os principais cambios afectan a hostalaría, que pode atender ao cen por cento en terrazas e a un 50 % en interiores.

No interior dos locais pemítense reunións de ata seis persoas. En terraza ou espazos abertos a cifra increméntase a dez non conviventes.

Este nivel medio de restricións tamén afecta o ocio nocturno, que pode estar aberto ata as tres da mañá cunha ocupación do 50 % en interiores e do 75 no exterior.

Noticias web

21/08/2021