As separacións e divorcios baixaron en Galicia un 2,5% durante o 2018
Publicado o 04/03/2019 21:02
As separacións e divorcios baixaron en Galicia un 2,5% durante o 2018. En todo o país disolvéronse máis de cento once mil parellas o ano pasado. Foron case tres mil menos ca no ano anterior. Supón unha rebaixa dun 2,4%. Valencia e as Canarias foron as comunidades con maior número de disolucións. A maioría das separacións foron consensuadas.