CRTVG

Buscar

As San Lucas celebran o seu día grande

Publicado o 18/10/2019 13:58

Chegaron As San Lucas, e canda elas unha das feiras máis senlleiras de Galicia, unha das de maior tradición e a máis antiga documentada, do 1156, coa concesión real de Alfonso VII.

En tempos duraban quince días; agora duran catro e hoxe celebran o seu día grande, coa feira do gando.

É unha feira especializada no gando montaraz. Estas imaxes son de onter á tarde, o día das vésperas, cando baixaron o gando do monte. Mentres lles ían afalando, desconcertados, uns catrocentos animais movíanse pola vila no medio da multitude.

Hoxe celébranse as propias San Lucas. Martín trouxo os poltros dos seus cabalos, uns hispano-bretóns.

Malia que a primeira hora a martín non se lle estaba dando moi ben a mañá, os comparadores axiña apareceron. Hoxe é festivo local en Mondoñedo.

Tamén é tradición entre tratantes, feirante e veciños, ir tomar o polbo á feira para xantar. Pola tarde, concurso de andadura, teatro e verbena.

Noticias web

18/10/2019