CRTVG

Buscar

As Salesas de Lugo venden doces artesanais por Facebook

Publicado o 02/04/2019 14:05

As irmás Virginia e Isabel descríbennos a situación tan crítica que hai no convento: son trece monxas e viven da pensión que cobran catro delas, da axuda que reciben do banco de alimentos dous días á semana e dos doces artesanais que venden; cartos que non chegan para saír adiante, xa que, ademais, con estes cartos, deben pagar a Seguridade Social de nove das monxas.

Irmá Virxinia Mbula: "Facemos os doces para poder gañar algo e poder vivir do noso traballo".

María Isabel Ortega: "Non temos axuda de ninguén, temos que buscar nosoutras os medios para subsistir".

Con esta situación, pensaron que o Facebook sería un bo escaparate para vender os doces artesanais que elaboran.

Irmá Virxinia Mbula: "Non nos gustan moito os medios de comunicación, nosoutras non sabemos, axudounos unha rapaza de Ventos de azucre, non entramos moitas veces porque a maior parte do tempo dedicámolo á oración".

María Isabel Ortega: "Eu véxoo moi ben, usámolo como publicidade pola necesidade que temos".

Teñen case 200 amigos, e cada foto que publican de tortas ou galletas obtén un montón de gústames, porque a súa repostería mestura receitas ancestrais con outras da pastelería contemporánea.

Malia os tempo tan durísimos que están pasando, manteñen o seu namoramento.

María Isabel Ortega: "Namorada é sentirse desexosa de dar gusto ao teu amado, estamos aquí plenamente namoradas, non tería sentido a nosa vida de clausura se non estivésemos namoradas de Deus

Se queren encargar e probar doces que saben a gloria, busquen no Faceboook Salesas Lugo.

Noticias web

02/04/2019