CRTVG

Buscar

As salas de cine reviven durante os festivos

Publicado o 03/04/2021 00:21

As estreas na carteleira están a animar o público a volver ás salas de cine aproveitando estes días festivos. Logo de dous meses pechados, na Coruña os cines volveron abrir hai 15 días, así que a Semana Santa está a ser a escusa perfecta para volver as salas.

Entre os que optan polas películas en pantalla grande están as familias. Tampouco faltan os cinéfilos.

Nas salas a pandemia tamén mudou rutinas. Amais das medidas de seguridade e hixiene, hai que asinar un rexistro de rastrexo, a venda de butacas é por bloques e o limitada ao 30 % da capacidade. Desde o sector confían en ir recuperando pouco a pouco a normalidade.

Noticias web

03/04/2021