CRTVG

Buscar

As salas e os proxectores dos cinemas, listos para as primeiras sesións

Publicado o 08/06/2020 14:10

Aínda que podían facelo xa na fase anterior a un terzo da súa capacidade, a maioría dos cines galegos agardaron a entrar na fase 3 para reabrir as súas portas.

A limitación de acollida increméntase ata a metade da capacidade total das salas, as butacas deberán estar preasignadas e será obrigatorio o uso de máscara no interior. Despois de dous meses e medio de inactividade, as salas de cine galegas prepáranse para retomar as exhibicións de películas.

Nas salas dan os últimos retoques para ter todo listo pola tarde. Nesta terceira e útima fase da desescalada, a acollida máxima será a metade da capacidade total da sala.

"Pero nós abrimos aínda cun trinta por cento de acollida, preferimos abrir así, pouquiño a pouco e para ampliar temos tempo", di un dos responsables. "Está moi reforzada toda a parte de limpeza, pero tamén necesitamos tempo para iso. Entre que uns saian e os seguintes veñan, entren na sala e atopen todo en perfectas condicións. E así gañamos tamén un pouco máis de tempo. Nós agora mesmo polo que estamos é pola seguridade das persoas, que é o que máis nos importa", explica.

Onde non hai novidades é na carteleira. Están os mesmos títulos que cando se decretou o estado de alarma. Para as estreas haberá que esperar a finais de mes.

Noticias web

08/06/2020