CRTVG

Buscar

As salas de cine, paralizadas pola falta de estreas

Publicado o 29/05/2020 17:08

A situación en Madrid e en Barelona, onde aínda están na fase 1 e as salas de cine non poden abrir, fai que as distribuidoras teñan paralizadas as estreas. Unha situación que repercute directamente nas salas galegas, autorizadas a abrir desde o pasado 25 de maio.

Á falta de estreas, as salas prepáranse para cumprir con todas as medidas sanitarias.

Cines pequenos como o Dúplex de Ferrol ou o Númax de Santiago ven tamén condicionada a súa rendibilidade pola limitación da acollida a un 30 por cento. Con todo, agardan que os espectadores poidan volver ás súas salas a finais de xuño.

Noticias web

29/05/2020