CRTVG

Buscar

As rutas fluviais aumentan a súa capacidade ao 90 %

Publicado o 11/10/2021 21:35

Esta ponte festiva é aproveitada por moitos para coñecer a Ribeira Sacra. Alí as súas rutas fluviais medraron dende esta fin de semana en capacidade e os barcos turísticos poden viaxar agora a un 90 % de ocupación.

Catamaráns cheos de xente con ganas de coñecer a Ribeira Sacra sucan as augas do Miño e o Sil e fano agora cunha maior capacidade.
As novas normas permiten mellorar a capacidade destas viaxes en catamarán altamente demandadas e que nesta ponte festiva esgotan os billetes.

Triunfan tamén as viaxes en pequenas embarcacións. A Ribeira Sacra está en auxe, son moitos os que se animan a coñecela e marchan fascinados. O que non mudan son as medidas de prevención como o uso obrigatorio da máscara ou os traballos de desinfeción das embarcacións.

Noticias web

11/10/2021