CRTVG

Buscar

As rutas en catamarán na Ribeira Sacra deixan atrás a pandemia

Publicado o 12/10/2021 15:13

Barcos funcionando cada hora e practicamente cheos. As rutas fluviais deixan atrás as restricións sanitarias. Nos barcos turísticos pódese navegar xa ao 90 por cento da capacidade.

Iso si, o resto das medidas de prevención de contaxios seguen vixentes. Os pasaxeiros teñen que levar mascara e deben gardar distancias. Os responsables destas viaxes están obrigados a desinfectar as embarcacións e a evitar que se produzan aglomeracións nos embarcadoiros durante as chegadas e saídas.

As rutas en catamarán polos Canóns do Sil son unha das experiencias turísticas de maior atractivo para os turistas que visitan Galicia.

Nesta ponte do Pilar, primeira escapada deste outono coa situacion santiaria moito mais tranquila, a Ribeira Sacra roza o 100 por cento de ocupación.

Noticias web

12/10/2021