As rúas de Lugo convértense nun patio para os nenos
Publicado o 02/05/2020 21:18
Despois de tantos días de confinamento os cativos agradecen saír e espelirse polas rúas.
Cos parques pechados, é unha moi boa opción brincar e poder moverse seguindo as indicacións dos xogos que esta semana se pintaron nas rúas de Lugo e que están deseñados para desenvolver a psicomotricidade.
Son enredos elaborados por un gabinete psicopedagóxico concibidos para avanzar coa camiñada, non para deterse neles, senón para que incentiven e fagan máis atractivo o paseo infantil.
En total pintáronse sesenta enredos nos barrios da cidade onde máis nenos hai. Un dos xogos é a mariola. Outro enredo consiste en seguir a liña.
Con este proxecto innovador, as rúas de Lugo convértense nun patio vivo, nun recreo cheo de cores e nun espazo de aprendizaxe.