CRTVG

Buscar

As Rías Baixas colgan o cartel de completo na primeira fin de semana do verán

Publicado o 25/06/2021 20:48

A previsión de sol e temperaturas altas anima as reservas hostaleiras e enche os hoteis das Rías Baixas na primeira fin de semana do verán. Esta temporada os establecementos esperan estadías máis longas e agardan polo regreso da clientela de sempre.

Segundo o Observatorio de Turismo da Deputación de Pontevedra, a previsión xeral de ocupación para xullo é do 79 % e para agosto, do 90. O Grove, Pontevedra, Vigo, Sanxenxo e Baiona son os destinos turísticos coas estimacións máis altas.

O turismo representa o 11 % do Produto Interior Bruto da provincia de Pontevedra.

Noticias web

25/06/2021