CRTVG

Buscar

As reunións de non conviventes nas casas en Galicia están permitidas desde o sábado

Publicado o 11/04/2021 19:02

O sábado rematou a prohibición dos encontros entre non conviventes nas casas en toda Galicia, agás nos municipios co nivel máximo de restricións. Pódese, sempre e cando se xunten un máximo de catro persoas.

Fóra da casa, en espazos abertos como as terrazas, poden xuntarse ata seis persoas que non compartan domicilio. Os non conviventes tamén poden viaxar no mesmo coche, sempre coa máscara posta.

Son restricións que se suavizan ou desaparecen, moitas veces acompañadas polo desconcerto, as dúbidas ou o descoñecemento cidadán.

A hora de retirada, polo momento, si se mantén.

O martes volverá reunirse o comité de expertos que asesora á Xunta.

Noticias web

11/04/2021