As restricións farán que algúns cociñen por primeira vez a cea de Noiteboa
Os menús para a Noiteboa forman parte da tradición das familias, pero este ano tamén se poden ver modificados. As limitacións no número de persoas que se poden reunir e as normas de mobilidade fan que para algúns esta Noiteboa sexa a primeira vez que se teñen que encargar de facer a cea.
A normativa de mobilidade condiciona o xeito de celebrar a Noiteboa. Moitos decidiron cumprir co consello de quedar na casa e non se van desprazar á casa dos pais, dos avós ou dos amigos. Por iso aquí, nas últimas compras na praza de abastos, podemos atopar persoas que antes cociñaban para trinta e hoxe cociñaran só para dous, ou persoas, que ao contrario, van facer a primeira cea de Noiteboa da súa vida.
Esta Noiteboa cearemos, si, pero con termos con "familia burbulla" "ou unidades familiares" enriba de mesa. Din os vendedores da praza que hai menos xente que outros anos porque, claro, hai que cociñar para menos persoas. O conto cambiou para todos.
Mari Luz quedará sen balneario e José e a súa muller Teresa terán que cear sós por primeira vez. Paula fará o mesmo. É sanitaria e este ano non irá á casa dos seus tíos.
Cociñeiros que se preparan para a súa primeira cea Noiteboa. Algunhas coma Pilar ou Beatriz tiveron que documentarse e víveno con ilusión.
Será diferente, quizais máis triste, pero o esforzo é necesario.