CRTVG

Buscar

As restricións en Cee son as que ocasionan maior impacto en toda a Costa da Morte

Publicado o 30/11/2020 13:38

Na comarca de Fisterra están pechados todos os concellos agás Fisterra e Corcubión. Muxía ten a incidencia máis alta, con máis de 1.000 casos por 100.000 habitantes, e Dumbría está por riba dos 700. Pero é o peche de Cee, coa metade da incidencia, o que provocou un impacto maior, por ser o centro administrativo e comercial da comarca. 

Os veciños cualifican este primeiro día laborable das restricións como un día triste. Un día apacible e sosegado este 30 de novembro na Costa de Morte, que mesmo así atopa os veciños baixos de ánimo. No concello de Cee viven con tristura e preocupación esta nova vaga da covid−19.

Cee, con máis de 7000 habitantes, conta hoxe cunha incidencia de 370 casos por cen mil. É alta pero é a menor dos concellos do seu perímetro. Iso sí, é a que máis se sente na contorna porque a vila opera como centro laboral, comarcal, administrativo e loxístico de toda a comarca.

As rúas senten a ausencia dos cidadáns e tamén a escaseza dos noutrora abundantes peregrinos. Os veciños agardan que o cumprimento estrito dos protocolos lles permita mellorar as cifras e reabrir antes do Nadal.

 

Noticias web

30/11/2020