CRTVG

Buscar

As restricións e o medo á covid fan aumentar os fumadores que queren deixalo

Publicado o 19/08/2020 15:04

Aumenta o número de fumadores que pretenden deixar o tabaco. Dende o mes de xaneiro, médicos e psicólogos notaban que cada vez eran máis os adictos á nicotina que lles pedían axuda.

O estrés do confinamento freou esa tendencia. Agora, o convencemento de que o tabaco agrava a covid-19 e as novas restricións ao fume volven impulsar o desexo de abandonalo.

Cuestión de dar o paso de pedir axuda ao médico ou ao farmacéutico. A metade dos fumadores consegue deixalo aos seis meses de tratamento farmacolóxico. Só un de cada dez consegue deixalo sen axuda.

Noticias web

19/08/2020