CRTVG

Buscar

As restricións de tipo alto xa fixeron efecto sobre a incidencia en Sanxenxo

Publicado o 02/04/2021 13:57


Despois de varias xornadas de escalada que dispararon as incidencias, Sanxenxo parece que emprende de novo o descenso de casos activos de covid. Hoxe ten 43 pero chegaron a ter 54, en gromos de tipo familiar que algúns veciños atribúen a persoas doutras comunidades que visitaron a vila na ponte de San Xosé.

Entre a chuvia e as restricións altas, o certo é que o ambiente desta vila do Salnés ten pouco que ver hoxe coa estampa típica dos veraneantes que adoitaban vir xa nesta semana festiva. 

Agora coa incidencia mellorando miran de reollo a repunta no concello veciño do Grove, unha península onde á policía lle parece imposible que chegasen persoas sen xustificación. Aseguran que os controis son exhaustivos nas estradas e tamén nas terrazas, onde cada día comproban que se cumpra debidamente co uso da máscara.

A situación destes concellos volverá revisarse o martes no Comité Clínico. O maior desexo dos residentes habituais é superar a Semana Santa sen mais repuntas.
 

Noticias web

02/04/2021