CRTVG

Buscar

As restricións continuarán en Portugal ata a Semana Santa

Publicado o 12/02/2021 11:28

O Goberno portugués confirma que a Semana Santa será diferente no país veciño, é dicir, que continuarán as restricións severas ata esas datas festivas.

Portugal vai ter, como mínimo, dous meses e medio de confinamento xeral. Durará ata Semana Santa, e así o confirmou o primeiro ministro, António Costa. Será unha Pascua diferente á que os portugueses están afeitos e haberá restricións.

Sobre a mesa están eses tres piares que hai que decidir: se abren as escolas, a apertura de comercios e hostalería e a relaxación de medidas para saír ao estranxeiro.

Noticias web

12/02/2021