CRTVG

Buscar

As residencias de maiores de Galicia están nestes momentos libres de covid-19

Publicado o 17/05/2021 13:11
As residencias de maiores de Galicia están nestes momentos libres de covid-19


Nas residencias de maiores de Galicia non hai xa ningún usuario nin traballador contaxiado. Os últimos en recibir a alta foron cinco usuarios da residencia de Chantada. Eran os últimos que quedaban logo dun gromo que se detectou o 30 de abril e que chegou a afectar a 11 internos e a dous traballadores. Dende que deron negativo este sábado, non se rexistrou ningún contaxio máis en ningunha residencia de Galicia.

 

Noticias web

17/05/2021