As reservas dos hoteis nas Rías Baixas están ao 40%
Publicado o 16/06/2020 14:52
Os hoteis das Rías Baixas ultiman os preparativos para recibir os primeiros turistas da tempada estival. Polo momento só galegos, pero xa comezan a facerse reservas dende outras comunidades, aínda que aos poucos. Ante as dúbidas sobre cando poderán viaxar, as reservas para xullo non superan o 40%, porén para agosto agárdanse boas cifras de ocupación.
As principais dúbidas dos turistas son as relacionadas coas praias e a súa capacidade de ocupación. En Sanxenxo, seguen a traballar na parcelación do areal de Silgar.
As vacacións nos hoteis este ano serán diferentes, pero o sector insiste en que farán todo o posible por garantir a seguridade, pero tamén o goce de todos os clientes.