CRTVG

Buscar

As rendas máis altas de Galicia, en Oleiros, Arteixo e Nigrán

Publicado o 07/10/2020 08:46

Oleiros, Arteixo e Nigrán son os concellos galegos coas rendas máis altas de Galicia. O ránking elabórase con datos da Axencia Tributaria do ano 2018, o último dispoñible. Oleiros mantense no liderado cunha renda bruta media de 39.400 euros, un 4 % máis que o ano pasado. E ocupa o posto 42 en España. Seguen, por esta orde, Arteixo e Nigrán. As provincias da Coruña e Pontevedra concentran os dez municipios galegos con mellores cifras.

Noticias web

07/10/2020