CRTVG

Buscar

As relacións conflitivas entre donos e inquilinos poucas veces acaban en arbitraxe

Publicado o 02/01/2020 15:17

A relación entre caseiro e inquilino non sempre é doada. Dino os datos. Un informe da aseguradora Liña Directa revela que Galicia é unha das comunidades autónomas con máis conflitos entre uns e outros. Concretamente a segunda, só superada por Andalucía. E é que por ambas partes adoita haber queixas. Para curarse en saúde, o mellor é deixar as cousas ben atadas dende o principio.

Porque un dos medos principais dos propietarios é ese: que lles deixen o piso danado, que lles rouben algunha das pertenzas e, sobre todo ter un inquilino que non lles pague. Pero, os arrendadatarios tamén teñen queixas. O 70 por cento acusa os caseiros de alugar vivendas descoidadas e en mal estado e o 48 por cento asegura ter problemas para que os donos se fagan cargo das reparacións que lles corresponden. A pesar de todo, poucas destas reclamacións acaban nun procedemento de mediación ou arbitraxe, só unha de cada dez.

Noticias web

02/01/2020