CRTVG

Buscar

As reaccións dos partidos tras a investidura frustrada

Publicado o 26/07/2019 13:37

Ione Belarra, Unidas Podemos: "Pensamos que Sánchez non fixo os deberes, que non fixo as tarefas para cumprir co encargo que lle fixeron os españois e que era moi sinxelo: sentar e negociar".

Inés Arrimadas, Ciudadanos: "Con Sánchez non se pode ir a ningures. Nin cos seus socios preferentes foi quen de ter unha negociación leal".

Teodoro García Egea, Partido Popular: "Nun ano o goberno de Pedro Sánchez deteriorouse ata tal punto que non foi quen de aglutinar nin sequera aos que hai agora un ano apoiaron a moción de censura".

Rafael Simancas, PSOE: "Os españois non teñen hoxe o goberno que votaron, o goberno que necesitan e o que merecen pola ambición desmedida e real polos cargos de Podemos e pola irresponsabilidade da dereita".

Noticias web

26/07/2019