As ratas deixan catro días sen semáforos o barrio da Residencia de Lugo
Publicado o 02/01/2020 14:24
O barrio lugués da Residencia estivo catro días sen semáforos por causa das ratas. Os roedores deterioraron os cables dos dispositivos luminosos ata deixalos inutilizados e a circulación viuse afectada por ese motivo, se ben, afortunadamente, non houbo que lamentar sinistros.
É habitual nos últimos tempos que as ratas roan o cableado semafórico de Lugo. Por iso, vanse cambiar as cubertas de plástico por outras metálicas e tamén se baralla realizar unha campaña de desratización nas zonas máis afectadas.
O da Residencia é un dos barrios con máis densidade de tráfico da cidade.